Rosalía de Castro chega os pequenos de Padrón a través de «Os Bolechas»

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

PADRÓN

CEDIDA

A pandemia impediu realizar este ano as actividades que habitualmente celebraban as aulas municipais para celebrar o aniversario do nacemento da escritora, polo que o Concello fixo chegar aos alumnos das escolas infantís e unitarias uns libros para gozar en familia

28 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O departamento padronés de Cultura, liderado por Lorena Couso, enviou un exemplar de Os Bolechas sobre Rosalía de Castro aos nenos das escolas infantís e unitarias municipais para conmemorar o nacemento da escritora e reforzar deste xeito «a paixón pola literatura como símbolo de identidade de Padrón». O covid-19 impediu este ano realizar nas aulas as actividades coas que se celebra habitualmente o Día de Rosalía, polo que o Concello fixo chegar exemplares de Os Bolechas. As miñas primeiras retras galegas. Rosaía de Castro aos máis pequenos para que os gozasen en familia. O obsequio ía acompañado dunha carta do alcalde. «Queremos introducir aos nenos e nenas da nosa vila nesta tradición a través deste pequeno agasallo. Trátase dun libro no que as coñecidas personaxes dos Bolechas presentan a Rosalía de Castro e a súa obra, polo que pode supoñer un primeiro contacto coa escritora para os máis pequenos da casa», destacou Antonio Fernández Angueira.