Sintan as bases do proxecto da casa dos capeláns de Iria

La Voz PADRON / LA VOZ

PADRÓN

Rehabilitación de la casa de los capellanes de Iria
Rehabilitación da casa dos capeláns de Iria MERCE ARES

O alcalde e a concelleira de Cultura reuníronse co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

30 sep 2020 . Actualizado ás 05:05 h.

O Concello de Padrón e a Xunta sintan as bases para desenvolver un proxecto relacionado co Camiño de Santiago na antiga casa dos capeláns de Iria. O alcalde padronés Antonio Fernández e a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, recibiron onte ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, de modo que nos próximos meses empezarán a perfilar a actuación.

O rexedor padronés agradeceu a boa disposición da Xunta para desenvolver o proxecto que o Concello ten previsto para a casa, mentres que a concelleira de Turismo incidiu, pola súa banda, na necesidade «de impulsar a Pedronía , cada vez máis recoñecida polo público».