Detido un padronés con trece bolsas de heroína en Ponche

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

PADRÓN

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:05 h.

A Garda Civil de Padrón detivo a un veciño desta localidade por tráfico de drogas. Os axentes foron advertidos do incremento de toxicómanos na zona de Ponche e foi alí onde atoparon ao arrestado en posesión de trece bolsas de heroína. Dúas persoas admitiron que acudían ata alí para abastecerse deste estupefaciente, polo que o posto padronés do instituto armado considera que con esta operación queda desactivado este punto de venda.