Agradecen a doazón de alimentos nunha carreira de Padrón

La Voz PADRÓN / LA VOZ

PADRÓN

11 ene 2020 . Actualizado ás 09:14 h.

A Asociación de Voluntarias de San Vicente de Paul de Padrón quere agradecer publicamente a colaboración dos organizadores da cuarta carreira solidaria San Silvestre, entre eles o Concello, e, en especial, a dos participantes na cita, que doaron preto de 1.000 quilogramos de alimentos, a modo de cota de inscrición. A asociación fará a repartición de alimentos entre familias necesitadas.