Dúas décadas de solidariedade en Padrón

La Voz

PADRÓN

CEDIDA

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

O Concello de Padrón tamén celebrou de forma especial o Día Mundial do Voluntariado coa entrega dos primeiros premios a este colectivo, recibidos polas persoas que participan de forma desinteresada neste programa, que comezou a funcionar hai 21 anos. Neste tempo, segundo sinalou o rexedor, Antonio Fernández, «pasaron máis de duascentas persoas que puxeron a súa gota e, gota a gota, puidemos facer o océano, pois grazas a vós temos dez programas en marcha dos que se benefician unhas cinco mil persoas de todas as idades».

Previamente á entrega dos premios procedeuse á plantación dun acivro femia.