Nas melloras de sete escolas infantís vanse investir máis de 135.000 euros


santiago / a voz

As escolas infantís municipais de Fontiñas e Conxo (Santiago), Raíña Lupa de Boqueixón, O Bosque / A Madalena de Ames, Pequenos Escolares de Padrón, e nas de Brión e Santa Comba, terán obras de mellora, accesibilidade e adquisición de novo mobiliario. Suporán un investimento de máis de 135.000 euros. Así o anunciou Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta, que financiará os traballos cun máximo de 35.000 euros en cada municipio.

A Administración autonómica matiza que tamén se pode incluír a adquisición de material didáctico e de xogo, así como a dotación de conexión a Internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías nas aulas. Entre estas cita ordenador, encerado dixital, gravadoras, cámaras de vídeo e similares.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Santiago

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Nas melloras de sete escolas infantís vanse investir máis de 135.000 euros