O CEIP padronés Rosalía activa unha recollida de alimentos

La Voz PADRÓN / LA VOZ

PADRÓN

As familias do alumnado e a comunidade educativa poden entregar esta semana os produtos

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:10 h.

O colexio Rosalía de Castro de Padrón impulsa o Proxecto Kg, para que as familias do alumnado e o resto da comunidade educativa achega os alimentos que consideren necesarios para entregarllos a unha entidade caritativa do concello. A recollida realízase toda esta semana, coa idea de contribuír a que todos os veciños do municipio «poidan gozar do Nadal da mellor maneira posible».