Mirás despídese da alcaldía de Oroso cun agradecemento a veciños, empregados e concelleiros

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

OROSO

CEDIDA

Vanesa Boo asume de forma provisional as funcións de alcaldesa ata o pleno no que, dentro de dúas semanas, será investido Luis Rey

11 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Manuel Mirás oficializó onte a súa saída da alcaldía de Oroso no curso dun pleno extraordinario celebrado no Concello. Mirás despediuse da corporación na que entrou por vez primeira como hai 38 anos cun agradecemento á «colaboración veciñal» e ao «traballo dos funcionarios, o persoal do Concello e das empresas que realizan servizos municipais». Pero tamén tivo palabras de afecto cara aos integrantes da corporación, sen facer diferenciacións pola súa cor política. «Quero ter, por suposto, unha lembranza especial a todos os concelleiros e concelleiras que pasaron por aquí nestes anos, sobre todo a aqueles que xa non están entre nós. Foi un orgullo ser alcalde de Oroso e conseguir todo o que conseguimos para este concello coa axuda de todos. Deséxolle moita sorte ao novo alcalde e ao resto da corporación municipal», proclamou. Vanesa Boo asume de forma provisional as funcións de alcaldesa ata o pleno no que, dentro de dúas semanas, será investido Luis Rey.