O PP incorpora como número 3 ao arquitecto Suso Pena

La Voz

OROSO

14 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Alexander Doval, candidato do PP á alcaldía de Oroso, confirmou onte a incorporación do arquitecto Suso Pena como número 3 da súa candidatura. Ten 43 anos, naceu na parroquia de Trasmonte, é veciño de Villarromariz e ten un estudo de arquitectura en Sigüeiro. Farao en calidade de independente. Afirmou que contribuirá coa súa achega para conseguir a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana.