Ordes abre o proceso para a contratación de seis socorristas

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

ORDES

SANDRA ALONSO

Terán unha xornada de 40 horas á semana durante a campaña estival

17 may 2021 . Actualizado ás 22:23 h.

O Concello de Ordes iniciou o proceso de selección de seis socorristas para traballar na tempada estival nas instalacións do Muíño.

A elección levará a cabo mediante unha oposición libre para cubrir unha xornada laboral de 40 horas á semana e unha retribución de 1.388 euros brutos, incluído o prorrateo das pagas extraordinarias.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte as bases do proceso. O prazo para presentar solicitudes remata o día 18 e o 1 de xuño publicarase a listaxe definitiva de aspirantes. O primeiro exame, unha proba escrita tipo test con 25 preguntas sobre socorrismo, está convocada para o 3 de xuño. Esíxese a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.