Os pacientes de Ordes e comarca terán unidade de saúde mental no ambulatorio

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

ORDES

XOAN A. ADOITAR

Crearase a semana que vén e estará atendida por cinco profesionais

29 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Sergas confirmou onte que os pacientes de Ordes, Frades, Mesía, Tordoia e Trazo disporán desde a semana que vén dunha unidade de saúde mental, que se creará no centro de saúde ordense e que prestará servizo en horario de tarde. Esta mellora da cobertura no ámbito da atención primaria, que se enmarca no Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid, implicará a próxima incorporación de cinco profesionais: un psicólogo, dous psiquiatras, unha enfermeira e un traballador social.

O Servizo de Psiquiatría e Promoción dá Saúde Mental da área sanitaria encárgase da prevención, avaliación, diagnóstico, tratamento e rehabilitación dos trastornos mentais e do comportamento. O Sergas subliña que ese plan poscovid busca a promoción da saúde mental, a prevención de trastornos mentais e reducir o impacto e o padecemento que un trastorno mental ten nas persoas e as súas familias.