A piscina climatizada e o ximnasio de Ordes amplían horario desde o luns

La Voz

ORDES

cedida

As instalacións abrirán durante as xornadas laborais ata as 22.30 horas

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A piscina climatizada e o ximnasio Iván Raña, de Ordes , ampliarán o seu horario ata as 22.30 horas a partir do próximo luns, día 19, en sintonía cos cambios introducidos nas restricións provocadas polo coronavirus. O Concello ordense publicou o calendario das actividades dirixidas co novo horario, que se aplicará de luns a venres.