As tres unidades de Atención Temperá da comarca reciben 178.000 euros

j. aceiro SANTIAGO / LA VOZ

ORDES

Non dispoñible

Estes servizos proporcionan axuda para o correcto desenvolvemento infantil e a inclusión sociofamiliar de nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 6 anos

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta na Coruña; José Luis Martínez, alcalde de Ordes; e Roberto Rey, alcalde de Frades, visitaron o Servizo de Atención Temperá dá Mancomunidade de Ordes. Rodeiro informou o acto sobre a consignación de 115.104 euros a esta unidade de servizo da Mancomunidade e 178.000 euros para as tres unidades da comarca de Santiago.

O delegado destacou que se dá «o ámbito municipal idóneo para a prestación deste tipo de apoio aos máis novos pola súa proximidade». O Servizo de Atención Temperá proporciona axuda para o correcto desenvolvemento infantil e a inclusión sociofamiliar de nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 6 anos. Para iso, conta con unidades de persoal formadas por logopedas, psicopedagogos e psicólogos.