Critican a execución dunha obra de iluminación no Pino

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

O Pino

PACO RODRÍGUEZ

O PSOE denuncia que non se executou o proxecto tal e como estaba redactado e o alcalde matiza que non foi necesario

10 abr 2021 . Actualizado ás 05:05 h.

A execución dunha obra de iluminación no Pino, financiada pola Deputación, xerou un enfrontamento entre o grupo socialista e o rexedor, Manuel Taboada (PP). Segundo os socialistas, a obra fíxose con irregularidades ao non executarse conforme ao proxecto técnico aprobado, polo que non pode certificarse.

Taboada explicou que a obra non se fixo na súa totalidade porque non foi necesario, polo que nestes casos se certifica o traballo feito e devólvense os fondos non gastados, que a Deputación provincial poderá destinar a outras obras.