O Concello do Pino organiza a primeira Carreira e Andaina pola Igualdade

La Voz

O Pino

21 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello do Pino organiza este sábado, día 23, a I Andaina e Carreria pola Igualdade como parte do seu programa conmemorativo. Está aberta a todos os veciños e veciñas, con cinco quilómetros de percorrido. Inscricións en www.carreirasgalegas.com ata o día 22, ás 14.00 horas.