O caudal do Tambre empeza a baixar e a situación en Negreira e Ames normalízase

Emilio Forján NEGREIRA / LA VOZ

NEGREIRA

FORXÁN

O Concello negreirés repara a cuberta traslúcida do pavillón de deportes, despois de que o forte vento arrincase ferros en dúas ocasións

23 dic 2019 . Actualizado ás 22:54 h.

A situación do río Tambre tras a gran crecida da pasada semana comeza a mellorar. Segundo precisou este luns o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, quen puido falar con responsables da presa Barrié da Maza, os partes meteorolóxicos son favorables para baixar o nivel embalsado. As avenidas baixaron desde os 423 metros cúbicos por segundo do pasado venres, aos 126 do luns, manténdoo por baixo da cota dos 47 metros na presa e favorecendo así un descenso do caudal na cola do encoro na Ponte Maceira, localidade que sufriu inundacións días atrás.

Por outra banda, os operarios municipais afanábanse onte en cubrir as partes do teito translucido do pavillón de deportes de Negreira, en Pedra Mámoa, onde os fortes refachos de vento do pasado sábado arrincaron novas ferros, unha vez que o venres se taparon as dúas partes que voaron o xoves. O rexedor sinalou que en canto o tempo o permita, a pretensión municipal é substituír a totalidade da cúpula translucida cuns novos ferros, debido á súa deterioración.