O PP de Melide pide máis Policía Local na rúa pola pandemia

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

MELIDE

cedida

A oposición reclama patrullas en todas as quendas

23 jul 2021 . Actualizado ás 05:09 h.

O PP de Melide solicitou información ao goberno local sobre as quendas de traballo da Policía Local, xa que afirman ter recibido queixas veciñais pola escasa vixilancia nas rúas, sobre todo tras a consideración da Xunta de que o municipio está catalogado con risco alto de incidencia do coronavirus.

«A situación de risco alto é consecuencia dunha política de mirar para outro lado. Con seis axentes e os correspondentes auxiliares, que xa están en activo, é inadmisible que non haxa axentes titulares suficientes para cubrir todas as quendas», afirma a portavoz popular de Melide , Dalia García. «O bipartito non pode mirar para outro lado», conclúe.