Resolución provisional das axudas para os autónomos en Melide

La Voz

MELIDE

XOAN A.ADOITAR

En total repartiranse 219.609 euros, dos que o Concello melidense achega un 20 %

27 ene 2021 . Actualizado ás 06:08 h.

O goberno de Melide resolveu con carácter provisional a convocatoria de axudas para autónomos e microempresas do programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación co apoio dos concellos da provincia. En total repartiranse 219.609 euros, dos que o Concello melidense achega un 20 %, é dicir, 43.921 euros. A listaxe provisional das axudas concedidas xa está publicado, e hoxe ábrese o prazo, ata o 9 de febreiro, para alegar.