Unha vintena de positivos en alcol e drogas nos controis realizados esta noite en Melide

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

MELIDE

cedida

Unha das patrullas detectou un condutor sen carné ao que se lle retirou o permiso tras perder todos os puntos

12 jul 2020 . Actualizado ás 12:12 h.

A noite do sábado torceuse para unha vintena de condutores que foron interceptados pola Garda Civil na entrada e saída de Melide durante un operativo de vixilancia nas zonas de lecer nocturno. A pesar da baixa circulación en comparación á que habería calquera outro ano por estas datas, guindáronse 19 positivos en alcol e drogas, dúas deles investigados por un delito contra a seguridade viaria ao superar a taxa legalmente establecida (0,60 mgs/l) e outros catro están pendentes dos resultados do laboratorio tras dar indicios de ter consumido drogas. 

En todos os casos foron inmobilizados os vehículos ata comprobar que non se atopaban baixo os efectos destas sustancias e evitar así que continuasen circulando pondo en perigo a súa vida e a doutros condutores, xa que segundo as estatísticas o alcol está presente nun de cada catro accidentes mortais. Os infractores enfróntanse a sancións de entre 500 e 1.000 euros, ademais da perda de entre 4 e 6 puntos do carné.

Unha patrullas da Garda Civil tamén detectou en Melide a un condutor ao volante a pesar de que se lle retirou o permiso de conducir tras perder todos os puntos do carné.