O consistorio melidense acolle unha exposición de postais históricas

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

18 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Un total de 110 imaxes compoñen a exposición de postais históricas «Camiño ComPostal», que, ata o próximo día 22, pode visitarse na entrada principal da consistorio de Melide. A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) organiza a mostra, que ensina lugares emblemáticos e de interese da ruta xacobea.

A exposición, que coincide co 150 aniversario do primeiro envío dunha postal, é de carácter itinerante e estará presente, ata o próximo mes de marzo, nos doce municipios galegos do Camiño Francés. A mostra conta co respaldo da Xunta.