O centro social melidense traballa cos maiores a igualdade de xénero

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:05 h.

O centro social de Melide acollerá, o próximo día 29, unha xornada encamiñada a traballar a igualdade e a concienciar contra a violencia de xénero entre o colectivo dos maiores. Unha representación escénica e un posterior debate grupal integran son as actividades organizadas, que se enmarcan no programa «Igual a nós», unha iniciativa que realiza o departamento municipal de Política Social, que dirixe a edila Carmen Liñeira, baixo as indicacións da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta.

As persoas maiores interesados en participar no programa, dunha hora aproximada de duración -de cinco a seis da tarde-, deben inscribirse previamente, podendo facelo a través do número de teléfono 981 50 57 06.