A portavoz do PP en Melide, Dalia García, denuncia ataques vandálicos

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

MELIDE

CEDIDA

Persoas descoñecidas guindaron un bloque de pedra contra o seu coche estacionado

04 dic 2019 . Actualizado ás 22:56 h.

A portavoz municipal do PP en Melide e deputada provincial, Dalia García, denunciou na mañá de onte uns ataques vandálicos ao seu vehículo ocorridos o sábado pasado na rúa Furelos, contigua ao Palacio de Congresos, onde a exalcaldesa asistiu a unha cea de confraternidade da Asociación de Mulleres Rurais. «Apenas unha hora máis tarde de ter chegado ao recinto fun alertada de que ou meu vehículo tinga as luces acesas e unha lúa rebentada dá parte traseira», asegurou Dalia García, que detallou que ao aproximarse ao coche xunto a outros compañeiros puideron comprobar «que se trataba dunha pedra que tiveron arroxado ao interior do mesmo». A portavoz do PP no Concello de Melide sinalou que só levaron as chaves do seu domicilio e da sede municipal do partido. «Non é a primeira vez que recibo ameazas por estar en política», indicou.