O bispo de Lugo pide actos de desagravio pola profanación de igrexas en Melide

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

04 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ante as desfeitas que tiveron lugar a fin de semana en dúas igrexas de Melide, o bispo de Lugo pide á comunidade cristiá «actos de desagravio» por uns feitos que nos doen dun xeito significativo». Como indica Alfonso Carrasco Rouco nun comunicado, na igrexa de Santa María de Campos e na capela do Carmen abríronse os sagrarios e tiráronse ao chan as hostias consagradas, «reservadas para a adoración e para ser levadas a moribundos e enfermos». Lamenta, ademais, que algunhas poidan ter sido roubadas.