Intervención de Melide pon reparo ao pagamento de 495.000 euros do anterior mandato

Natalia Rodríguez Noguerol
n. noguerol MELIDE / LA VOZ

MELIDE

28 novs 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

O orzamento do Concello de Melide para o próximo ano, de 7,7 millóns, consigna diferentes partidas por valor de 495.000 euros para o pagamento de facturas pendentes do anterior goberno local, do PP. Con todo, sobre a súa tramitación pesa un reparo de Intervención, ao derivar os recibos «da realización de gastos carentes de crédito axeitado dispoñible en contía suficiente, e que, nalgúns casos, constitúen fraccionamento de contrato», lese no informe emitido polo departamento municipal, que advirte no mesma das repercusións económico-orzamentarias, legais e comerciais de ter realizado gastos non axustados ao procedemento legal. O rexedor José Manuel Pérez, fixo público, no pleno de aprobación do orzamento, ese informe, que avisa dos gastos que maiores terá que asumir o Concello, «ante as previsibles reclamacións xudiciais» dos provedores para cobrar as facturas con reparo.