O comercio de Melide traslada ao centro urbano a súa feira de saldos

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O cantón de San Roque de Melide acollerá os próximos 9 e 10 de agosto a feira de oportunidades de verán do comercio local, que sacará así á rúa o xénero e farao, ademais, en pleno centro urbano e por onde discorre o Camiño Francés. A localización da cita comercial, que sempre se celebrou a cuberto no recinto feiral, é unha das novidades coas que o sector, representado pola asociación Asetem, e a concellaría de Comercio, que dirixe Xosé Igrexas, renovan a convocatoria, rebautizada, en efecto, como Mercamelide non Camiño.