Melide incorpora á súa aplicación móbil unha canle para propostas dos veciños

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

SANDRA ALONSO

Permite a comunicación bidireccional entre o Concello e os residentes

12 jul 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

Melide Informa, a aplicación móbil que usa o Concello para facer chegar aos veciños información de interese municipal a través dos seus terminais, conta cunha nova canle que garantirá que a comunicación flúa de xeito bidireccional. É unha caixa de correos, identificado na app como Comunícache, a través do que os veciños poderán facer chegar á administración local incidencias, achegado imaxes relacionadas e a xeolocalización.

O obxectivo é ofrecer unha resposta coa maior dilixencia. Esa caixa de correos tamén poderá empregalo o cidadán para trasladar propostas e suxestións para as diferentes áreas de xestión municipal. O servizo incorporado á aplicación móbil do Concello, con máis de 1.000 usuarios, responde ao propósito do bipartito de «contar cunha nova vía para facer máis eficaz e eficiente a nosa xestión».