Comezan as obras de seguridade viaria na estrada AC-840

La Voz

MELIDE

Os traballos teñen un orzamento de 48.000 euros

25 mares 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

A Consellería de Infraestruturas iniciará este luns a execución da segunda fase de mellora da seguridade viaria na contorna do tramo de concentración de accidentes na estrada AC-840, que se corresponde coa travesía de Melide. Os traballos, adxudicados a J. Mauri e Fillos, contan cun orzamento de 48.000 euros.