Melide reserva 15.000 euros para as axudas á natalidade

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

PACO RODRÍGUEZ

As axudas ascenden a 300 por cada fillo

08 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O goberno de Melide aprobou esta semana renovar a liña de axudas que lanzou o ano pasado para incentivar a natalidade a través da concesión de 300 euros por cada fillo recentemente nado. Un total de 15.000 euros reserváronse de partida orzamentaria para esa convocatoria, da que poden beneficiarse os nados este ano.

O pasado exercicio, a administración municipal concedeu 31 axudas á natalidade, para a que se establecen como requisitos que polo menos un dos proxenitores leve empadroado en Melide un mínimo de seis meses. Ademais, terá que permanecer así, xunto co menor, durante catro anos. En palabras da alcaldesa melidense, Dalia García Couso (PP), «esta medida pretende ser unha medida para afincar poboación, ademais dunha axuda de 300 euros por cada neno melidense que cumpra todos os requisitos da orde de regulamento que xa pode consultarse no Centro Social de Melide».