O Concello alerta dun aparente timo telefónico aos veciños

La Voz

DODRO

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Dodro alertou onte aos seus veciños dun «aparente timo telefónico». Ao parecer, chaman a algunhas casas para realizar unha suposta enquisa alimentaria e, a continuación, piden os datos dos veciños e diñeiro. Algo similar rexistrouse tamén en Padrón. O Concello de Dodro pediu coidado, sobre todo aos veciños maiores.