Boqueixón acolle do día 15 ao 17 unha mostra de calidade alimentaria

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

BOQUEIXÓN

PACO RODRÍGUEZ

Nela entregaranse os premios Exceleite e das catas de Queixos e Meles de Galicia

05 dic 2021 . Actualizado ás 05:05 h.

A Xunta celebrará a primeira Mostra de Calidade Alimentaria entre os próximos días 15 e 17 no pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). O conselleiro de Medio Rural, José González, avanzou que será un encontro de produtos e produtores, que ao longo de tres xornadas acollerá a entrega dos premios Exceleite, así como os das catas de Queixos e Meles de Galicia 2021, entre outras accións.

González lembrou que Galicia, con 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, é a comunidade que aglutina máis distintivos deste tipo. E o próximo ano o Parlamento abordará a Lei de calidade alimentaria.