Arzúa e Rois estarán entre os escenarios das escuelas de río que se celebrarán este verán

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

ARZÚA

CEDIDA

Poderán participar os menores de 18 anos ou os maiores de idade que non teñan a licenza de pesca continental

20 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Dez escenarios, entre os que se atopan Arzúa e Rois, acollerán este verán as escolas de río, organizadas pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Pesca, co obxectivo de dar a coñecer a pesca sostible entre os mozos galegos.

Poderán participar os menores de 18 anos ou os maiores de idade que non teñan a licenza de pesca continental, ou que a posúan desde hai menos dun ano. Os interesados poden inscribirse nos centros docentes do concello no que se celebren as aulas. Nas escolas impartirase tanta formación teórica como práctica, e segundo a Xunta «fomentarase o coñecemento sobre os ríos e ecosistemas acuáticos, e potenciarase a práctica dun deporte responsable co medio ambiente».

Entre outras actividades, os participantes coñecerán as categorías de augas pescables en Galicia, e aprenderán a identificar as especies de augas continentais, así como as invasoras. Tamén haberá escolas de río en Arnoia, Zas, Ribadavia, Coristanco, Aranga, A Pontenova, Mazaricos e Rábade.