A artista local María José Prata expón na biblioteca municipal de Arzúa

La Voz

ARZÚA

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:05 h.

A biblioteca pública Rosalía de Castro, en Arzúa , acolle ata fin de mes unha exposición con ilustracións da artista local María José Prata. A mostra compona 17 traballos orientados ao público infantil, combinando propostas inéditas con proxectos que a artista arzuá, que nas súas ilustracións mestura acuarela con técnica dixital, realizou para revistas e outras publicacións.