O Viveiro retoma a competición contra un rival directo en Arzúa

Iván Díaz Rolle
I. DÍAZ ROLLE VIVEIRO / LA VOZ

ARZÚA

PEPA LOSADA

Tras un domingo sen competir, os celestes reaparecen con baixas no feudo do Arzúa nun duelo que televisa a TVG2 a partir das 16.30 horas

29 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras un domingo sen competir polo positivo detectado no Silva, o Viveiro retoma a Liga no feudo do Arzúa (O Viso, 16.30 horas. En directo na TVG2). Os mariñáns atópanse cun rival directo, que só ten un punto menos (6) tras disputar tamén cinco partidos.

«Imos a un dos campos máis difíciles da categoría e son un equipo moi competitivo», avisa Chusky sobre un rival que foi capaz de sorprender ao Fabril en Abegondo (0-1), e que só foi batido por outro dos candidatos, o Bergantiños (1-2). O resto dos seus compromisos remataron en empates en casa contra o Vilalbés (0-0) e nos campos do As Pontes (1-1) e o Fisterra (1-1).

Arturo e Rubén, baixas

O preparador mariñán confirma que realizará «algúns cambios» respecto ao once que igualou en Paiosaco (0-0), aínda que prefire deixar no aire cales serán esas variacións. Seguirá sen poder contar cos lesionados Arturo, Jacob e Roi, e tamén perde ao porteiro Rubén. Recupera a Tomás como posible recambio para Manu Cedrón.