O Arzúa recibe a un As Pontes invicto no 2020

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

ARZÚA

Os visitantes gañaron ao Somozas e ao Vilalbés e empataron co Silva

26 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Arzúa recibe ás 16.30 no Viso ao As Pontes, un equipo que non coñece a derrota nos tres partidos disputados ata a data en 2020. Gañou no Manuel Candocia ao Somozas, 1-2, empatou sen goles no seu feudo ante o Silva e abriu a segunda volta, tamén en casa, cunha vitoria pola mínima diferenza ante o Racing Vilalbés.

O Arzúa empezou o ano co obxectivo de mellorar os seus números en defensa. Ata a data, só deixou a súa portería a cero en cinco ocasiones: nos dous partidos co Estradense, ante o Fabril e o Paiosaco en casa, e no Espiñedo.