Golpe de man do Arzúa nas Eiroas

Juan Ventura Lado Alvela
j. v. lado CARBALLO / LA VOZ

ARZÚA

BASILIO BELLO

Soubo defender a súa renda en inferioridade numérica ante o Bergantiños

01 dic 2019 . Actualizado ás 22:00 h.

Dúas chegadas claras, practicamente as únicas do primeiro tempo, por non dicir de todo o partido, abondáronlle ao Arzúa para levar os tres puntos das Eiroas ante un Bergantiños que mostrou a súa cara máis inofensiva. Nin sequera a expulsión de Almeida cando quedaba case media hora de xogo nin os seis minutos de tempo engadido servíronlle aos rojillos para reaccionar.

Aínda que levaron o peso do xogo na primeira metade e coa entrada de Duque tras o descanso, en substitución do lesionado Rivera, parecía que querían espabilar, o partido dos locais foi tan frío como a tarde en Carballo.

Marcos García puxo un bo balón para Brais Pedreira que, completamente só bateu cruzado a Cristopher no 31 e, só catro minutos despois, Diego Enjamio aproveitou unha gran combinación na frontal para marcar axustado ao pau.

Duque inventouse o só un golazo con crebo e disparo cruzado á media volta no 71 e pouco máis houbo que destacar, salvo os tres goles que non subiron ao marcador por fóra de xogo, dous do Bergantiños (Antonio e Rivera) e un do Arzúa (Iker Furtado). Incluso os visitantes se permitiron o luxo de acabar o encontro practicamente na área dos carballeses. As ganas de Remeseiro no primeiro tempo e a brega de Granada no centro do campo non lle abondaron ao Bergantiños ante un Arzúa que soubo administrar a súa renda.

?Bergantiños 1: Cristopher; Toni, Antonio, Iago López, Aarón; Selecta (Álex Diéguez, 72), Agulló, Diego, Cano, Marcos Remeseiro e Rubén Rivera (Duque, 45)

 Arzúa 2: Israel; Álex Vázquez, Edgar, Almeida, David García (Israel Pérez, 59); Marcos García, Brais Pedreira, Diego Enjamio, Willian (Álex Pérez, 59), Álex Ramos (Fabio, 72) e Iker Furtado

 Goles: 0-1, min 31: Brais Pedreira, 0-2, min 35: Diego Enjamio e 1-2, min 71: Duque.

 Árbitro: Estremadura Hernández (Vigo). Amoestou a Marcos García, Brais Pedreira, David García e Israel Pérez, ademais de expulsar por dobre amarela, a segunda por perder tempo, a Almeida.

Incidencias: Tres cuartos de entrada nas Eiroas.