O Sergas reforza o persoal en centros de atención primaria de Santiago, Ames e Arzúa

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

ARZÚA

PACO RODRÍGUEZ

Os servizos composteláns reforzados son os de Concepción Arenal e Fontiñas

20 novs 2019 . Actualizado ás 23:26 h.

Os centros de saúde de atención primaria Concepción Arenal e Fontiñas, de Santiago, e os de Bertamiráns (Ames) e Arzúa reforzan o seu persoal con novos especialistas.

O de Bertamiráns incrementa un profesional médico, polo que contará con oito, e outro de enfermería, que tamén sumarán oito. Este é un dos centros de saúde con poboación máis nova da área sanitaria, pois só un 15 % dos cartóns sanitarios individuais que ten asignadas son de maiores de 65 anos.

Nos dous centros citados de Santiago incorpóranse novos profesionais de enfermería, no caso de Fontiñas de atención pediátrica. Ademais, este centro de saúde tamén incrementará un profesional máis de fisioterapia.

En Arzúa aumenta unha praza de matrona 28 horas á semana. Estas especialistas ocúpanse das mulleres en idade fértil e ofrecen asistencia especializada obstétrico-ginecológica. A xerencia da área sanitaria informa que para as 93.053 mulleres en idade fértil da área sanitaria, o ano pasado realizáronse 75.606 consultas, das que 14.046 foron telefónicas. Estas profesionais realizan tarefas de preparación ao parto, coidados de posparto con seguimento do recentemente nado e da nai para valorar a súa saúde e atencións que poidan precisa. Tamén potencian a lactación materna, agrega.