O Arzúa empezará a liga en casa contra o Estradense

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

ARZÚA

PACO RODRÍGUEZ

O primeiro partido a domicilio na nova categoría será ante o As Pontes

22 jul 2019 . Actualizado ás 20:33 h.

A gran aventura do Arzúa en Terceira División empezará o 25 de agosto. O equipo terá o histórico debut en casa. O rival será o Estradense. A segunda xornada para o Arzúa será o 1 de setembro. Visitará ao As Pontes, outro dos recentemente ascendidos á categoría.

Volverán os branquiazuis ao seu estadio enfrontándose na terceira xornada (8 de setembro) ao Silva. O cuarto compromiso en Terceira será ante o Rácing Vilalbés en campo alleo.

O agardado duelo ante o Compostela será na xornada 13. O partido disputarase no estadio de San Lázaro o 17 de novembro.