Denuncian danos nunha rúa recentemente reformada na ruta francesa en Arzúa

La Voz ARZÚA / LA VOZ

ARZÚA

CEDIDA

Na obra acaban de investirse 400.000 euros

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:10 h.

O Concello de Arzúa terá que repor as lousas máis próximas a senllas illas de colectores situadas en cálea Cima do Lugar, sobre a que puxo o foco o BNG ao considerar «inconcibible que unha rúa na que se investiron case 400 mil euros de diñeiro público e que está recén estreada se atope xa neste lamentable estado». Afírmao o que será candidato da formación nacionalista á alcaldía arzuá o próximo ano, Xoán Xesús Carril, que, ademais de facerse eco de , «fochancas arredor dos colectores»denuncia problemas nos sumidoiros da rúa, en pleno Camiño Francés. «Hai veciñanza que xa é a terceira vez que ten que desatascar os sifóns ou chamar a unha empresa especializada para que o faga, co custe que isto conleva, ao ver anegados os seus baixos e garaxes», conta Carril.

O equipo que encabeza o alcalde independente José Luis García López asegura que «non se rexistrou nin unha soa queixa veciñal sobre o estado de conservación e os servizos da rúa», e explica que «a única intervención que se está realizando é o cambio dunha plaqueta que rompeu o camión de recollida de lixo». As críticas do BNG responden a », «outro intento por facerse ver e por intentar crear crispación entre a veciñanzaentende o goberno arzuán, que lembra que «a rúa que está levantada é a das Dores, adecentada con 473.000 euros cando no 2009 gobernaba o Bloque en Arzúa, e na que houbo que intervir en numerosas ocasións para evitar incluso que as pedras se afundiran».