O Arzúa quere a terceira praza que ocupa o Noia

LA VOZ SANTIAGO

ARZÚA

PEPA LOSADA

Os noieses veñen de perder no seu feudo ante o Viveiro

21 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Arzúa terá unha gran oportunidade o domingo ao recibir no seu campo ao Noia (16.30 horas). Entre o cuarto clasificado e o terceiro só hai tres puntos de diferenza, polo que os de Jesús Baleato, se conseguen a vitoria, colocaranse na privilexiada praza que agora ocupan os noieses.

O Noia vén de perder no seu feudo ante o Viveiro (2-4), o que confirma a súa crise de xogo e resultados. As Pontes e Sarriá xa teñen moita vantaxe a fronte do grupo norte da Preferente Galicia. Pola súa banda, o Arzúa vén de superar a domicilio ao Ribadeo (1-2) e confirmar a súa boa liña nesta primeira volta da competición.