Homenaxe en Ames a Ramón Lorenzo

La Voz

AMES

CEDIDA

O alcalde entregoulle a medalla do Concello nun acto moi familiar

29 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O pazo da Peregrina acolleu unha homenaxe ao poeta e catedrático Ramón Lorenzo con motivo do Día de Galicia. O xornalista Juan Luís Silva foi o mestre de cerimonias no acto, convertido nunha oda á lingua galega e á súa pervivencia. A filla e neto do homenaxeado participaron nas intervencións. Amaia destacou o compromiso do seu pai pola lingua, un amor que ela tamén trasladou ao seu fillo, Fabián, que con 13 anos fala perfectamente o galego aínda vivindo en Alemaña. O alcalde, Blas García, encargouse de entregar a medalla do Concello a Lorenzo, quen evocou os seus recordos de infancia e mocidade.