A gardería de Bertamiráns mellorará a súa eficiencia enerxética

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

AMES

CEDIDA

Concello e Deputación asinaron un convenio para materializar o proxecto

24 jul 2021 . Actualizado ás 05:05 h.

A escola infantil municipal O Bosque, de Bertamiráns, en Ames , verá mellorada a súa eficiencia enerxética tras a reforma da fachada e a cuberta da parte do edificio no que se atopan as aulas para menores de entre 1 e 2 anos.

O alcalde de Ames , Blas García, asinou co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o acordo que permitirá acometer este proxecto. A obra está orzada en preto de 80.000 euros, necesarios para que estas aulas, con capacidade para 39 prazas, poidan funcionar a pleno rendemento.

En base ao convenio entre ambas as administracións, a Deputación achegará 52.000 euros. Blas García destacou tras a súa firma que a escola O Bosque necesita esta mellora «de xeito urxente».