Novas enquisas para a redacción do Plan de Mobilidade de Ames

La Voz

AMES

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A empresa encargada da redacción do Plan de Mobilidade de Ames está a realizar enquisas. Nos últimos días realizou 300 entrevistas a persoas que utilizan o transporte público. E agora, na web pmusames.gal está aberta a quen queira participar outra consulta para recoller información sobre os hábitos de transporte, o tipo de vehículo utilizado e unha valoración do servizo de autobuses.