Últimos días para pedir praza nas escolas infantís municipais de Ames

La Voz

AMES

14 abr 2021 . Actualizado ás 05:05 h.

Mañá, día 15, remata o prazo de preinscrición de matrícula para o curso 2021-2022 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro). Unha vez adxudicadas as prazas abrirase un período para formalizar a matrícula entre os días 1 e 15 de xuño. Previamente publicaranse as listas provisionais.