O PP de Ames tacha de fracaso os orzamentos participativos

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

AMES

cedida

Afirman que as propostas descenderon nun 65 %

19 novs 2020 . Actualizado ás 05:10 h.

O Partido Popular de Ames considera que o modelo de orzamentos participativos do municipio, no que distintos colectivos propoñen investimentos e servizos, «volven fracasar estrepitosamente, demostrando que son puramente ideolóxicos».

Segundo a análise dos populares, «as propostas presentadas descenderon nun 65% no cómputo xeral e un 16% no que respecta ao rural». En concreto, presentáronse 490 suxestións e 71% delas foron desestimadas. Finalmente, admitíronse 112 para o rural e 46 para a área de Mocidade.