O plan InserAmes Brión busca reducir o desemprego feminino

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

AMES

CEDIDA

A última convocatoria conseguiu unha inserción do 50 %

18 novs 2020 . Actualizado ás 05:10 h.

Os concellos de Ames e Brión convocan de novo o seu programa de inserción laboral, nesta ocasión para formar a un centenar de mulleres nos sectores sociosanitario, comercial, atención ao público, lecer, tempo libre, turismo, limpeza e manexo de maquinaria.

As participantes nesta iniciativa recibirán tamén información transversal sobre novas tecnoloxías, idiomas e técnicas de procura de emprego. Este programa está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, xunto aos concellos de Ames e Brión.

A iniciativa conseguiu na última convocatoria unha porcentaxe de inserción laboral que rolda o 50 %. A edila de Promoción Económica de Ames, Ana Belén Paz, resalta que buscan «a mellora da empregabilidade e a cualificación laboral das participantes nunha situación, como a actual, que afecta en maior medida a colectivos vulnerables, integrados fundamentalmente por mulleres».