Ames rexistra 62 contagios de coronavirus

La Voz

AMES

Sandra Alonso

Os últimos datos recollen a actualización da fin de semana

28 sep 2020 . Actualizado ás 13:23 h.

No municipio de Ames hai nestes momentos 62 persoas positivas en coronavirus, un número que supón un incremento respecto ao dato anterior ao fin de semana, que contabilizaba 48 casos positivos. O Concello acaba de facer pública esta información, que corresponde a todo o municipio.

Durante esta semana está previsto que o Sergas realice un cribado no municipio que participarán tres mil persoas para dispor dunha información máis detallada sobre a incidencia da pandemia no municipio, xa que desde a semana pasada a localidade do Milladoiro incrementou as restricións de capacidades equiparándoas coas que están en vigor en Santiago.

O Concello resalta que as restricións no núcleo urbano de Milladoiro «non veñen impostas por un elevado número de contaxios, senón pola existencia dun gromo orixinado nun evento familiar con difícil seguimento, ao tratarse de persoas asintomáticas ou con síntomas leves», indica.