Infraestruturas defende o investimento na senda entre Ames e Santiago

La Voz

AMES

07 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, defendeu onte no Parlamento o investimento para a construción da senda peonil que comunicará Santiago con Ames, pola estrada a Bertamiráns. O itinerario peonil e ciclista está a acometerse por fases. O tramo entre Laraño e Vidán está feito, entre Barcia e Roxos está case rematado e o trazado ata Aldea Nova arrincará tras o verán. O custo dos cinco primeiros quilómetros rolda os dous millóns.