Bertamiráns acolle un curso de defensa persoal para mulleres

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

AMES

06 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A asociación Bujutsu Compostela organiza, en colaboración co Concello de Ames, un curso de defensa persoal para mulleres a partir de 16 anos de idade. Será este domingo de 10 a 13 horas no pavillón de Bertamiráns.

O curso ofrecerá pautas para previr unha agresión e ensinará como enfrontarse a diferentes tipos de ataques con solucións rápidas e contundentes para fuxir. As prazas son limitadas e custa cinco euros, que corresponden ao seguro deportivo.