O punto limpo de Ames tivo 402 entradas

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

AMES

Os veciños entregaron 2.350 quilos de equipos electrónicos

11 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O punto limpo de Ames, situado en Milladoiro, rexistrou o pasado mes de febreiro 402 entradas, unha cifra que confirma o elevado grao de uso desas instalacións.

Os veciños entregaron 2.350 quilos de equipos electrónicos, trinta pneumáticos, 191 tubos fluorescentes, cinco quilos de pilas e once de pintura, entre outros restos.