Última xornada para visitar «Galicia futura» no Gaiás

La Voz

SANTIAGO

cedida

Continuarán abertas «Castelo, escultor» e outra sobre o Camiño Portugués

09 ene 2022 . Actualizado ás 04:55 h.

A exposición «Galicia futura», que une ciencia, tecnoloxía e arte, despídese hoxe do Museo Gaiás despois de case seis meses nas que recibiu máis de 35.000 visitas, cunha media de 250 diarias, segundo os datos da Xunta. Aqueles que acudan hoxe á Cidade da Cultura tamén poden percorrer «Castelo, escultor», onde se reúne a obra escultórica de Jorge Castillo, así como a mostra de fotografías do Camiño Portugués.